Novas por contido

No DOG do 14/10/2024 publican a ORDE do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Nesta orde se establecía un prazo de 6 días hábiles para a toma de posesión, pero NON SE INDICABA COMO PROCEDER.

Despois da inhibición do Consorcio, do descoñecemento de Emprego Público, e de dar mil voltas, dende a dirección xeral de Emprego Publico comunícannos VERBALMENTE que se van ampliar os prazos ata o 30 de outubro e que o Consorcio xa se comunicará co persoal.

A maiores na mesa xeral se nos comunicou que SEGUEN TRABALLANDO na RPT do Consorcio.

 

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...