Novas por contido

A Inspección de Traballo e Seguridade Social citou nas súas dependencias da Coruña ao Consorcio e ás representantes do persoal por mor dunha denuncia da CIG.

Denunciamos que non se nos avisara da planificación das avaliacións dos centros, tanto psicosociais como do resto das visitas.

Dende a CIG denunciamos tamén ao Consorcio por non aplicar as medidas correctoras para minimizar os riscos psicosociais que se padecen nas escolas infantís. Estás medidas correctoras acordáronse no grupo de traballo, composto por representantes do Consorcio, a representación legal do persoal e o persoal técnico de Prevención de Riscos da Xunta e de Qualtis.

Entre todas as medidas acordadas, destaca pola súa transcendencia, a das reunións periódicas dos equipos das escolas. Tamén teñen unha importancia capital para minimizar os riscos para o persoal, a xestión dos chamamentos e a formación, que son outras das medidas que atallarían estes niveis elevadísimos de riscos.

O Consorcio, coa súa máxima de "non me dou por enterado, por tanto, onde está o problema?" nin sequera apareceu no acto. Nin respectan aos representantes das persoas traballadoras nin respectan á autoridade laboral.

Impresentábeis!!!!!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...