Novas por contido

Na recente xuntanza da comisión de seguimento e control do procedemento de selección temporal do persoal funcionario sanitario da lei 17/1989 os responsables da Administración informaron das seguintes cuestións:

  • Chamamentos realizados ao abeiro das listas: achégannos a relación de chamamentos dos anos 2021, 2022, 2023 e 2024, desagregado por categorías.
  • Información sobre a previsión de publicación de actualización de listaxes: entre o día 21 e o 25 publicarán as listas definitivas. Informan de que nas provisionais dalgunhas categorías, ATS-DUE e Licenciado Sanitario, non estaban incluidas as notas da última OEP, pero que nas definitivas xa estarán incluidas. Na lista única non se verán, pero ao desagregar en clases (en función da titulación) xa se verá a nota última incoporada.

CIG

Protestamos polo nulo funcionamento da comisión de seguimento. Levamos catro anos sen ser convocados cando nos acordos da Comisión, asinados por Administración e sindicatos, indica que a comisión se reunirá, con carácter ordinario, unha vez cada seis meses.

Por outra banda, coa convocatoria non se nos achegou acta da reunión da última comisión co cal despois de catro anos é bastante difícil recordar o que se tratara entón e facer alegación algunha.
Insistimos en que o persoal funcionario sanitario da lei 17 é persoal do ámbito da función pública polo que as convocatorias deben ir dirixidas aos sindicatos con representación en dito ámbito. En todas as reunións temos que repetir o mesmo.

Con respecto á información que nos trasladan protestamos porque entendemos que non serve de nada ter un resumo dos chamamentos e das penalizacións e reclamacións a posteriori. Unha comisión de seguimento ten que funcionar para controlar eses chamamentos e para resolver as penalizacións ou reclamacións no momento en que ocorren e non tres anos despois. Non é transparente e non serve para nada.

Entendemos que a xestión destas listas non debería ser diferente á xestión do resto de listas de persoal da Xunta de Galiza polo que reiteramos a nosa petición de que dita xestión se leve a cabo dende Función Pública. Preguntamos pola intención da Consellería en que sexa así e se houbo xa algún contacto con Función Pública para tratar o tema.

Resposta da Administración

Discúlpanse polo retraso e polo incumprimento do acordo en canto ás sesións da comisión. Dín que teñen intención de traspasar canto antes as listas a Función Pública porque entenden que é o ámbito que lles corresponde e que xa tiveron contactos para facelo canto antes, pero que ata que rematen os procesos de estabilización Función Pública non pode poñerse con iso.

Comentan que mentres tanto tentarán cumprir cos prazos para as reunións e que tentarán remitirnos a acta de hai catro anos máis a acta desta reunión canto antes. Non se comprometen, xustificando que algunha das persoas que estaban por parte da Administración naquela reunión está xubilada.

UGT e CCOO

Na mesma liña que a CIG, insistindo en que se leve a xestión das listas dende Función Pública.

CSIF

As persoas que asistiron a esta xuntanza eran do sector da saúde polo que comunicaron que non podían opinar porque non tiñan coñecemento sobre ese tema aínda que entendían que era o lóxico.

 

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...