Novas por contido

No DOG do 30/10/2024 sae publicada a Resolución pola que se nomea ao tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de  persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña e OHH SORPRESA, todos/as os/as membros menos 1 do tribunal titular son persoal docente e no tribunal suplente, dous dos seus 5 membros tamén o son.

Creo que A Xunta aínda non se decatou de que este persoal xa non presta os seus servizos unicamente en centros de ensino e por iso nomea estes tribunais. Van a avaliarnos os que logo deberían ser os nosos compañeiros en moitos casos, pero que rematan sendo a patronal?.

Ademais de que isto é un menosprezo ao persoal aspirante a esas prazas, tamén o é ao resto do persoal funcionario da Administración Xeral e Especial da Xunta de Galiza, do que a Administración parece pensar que non temos suficientes coñecementos como para formar parte dun tribunal. Nin sequera se poden escudar nunha titulación específica ou en que hai que pertencer ao mesmo corpo ou a un superior, pois estamos falando de prazas da AP para as que non se require ningunha titulación e todo o persoal funcionario da Xunta é desa escala ou superior.

Estamos seguros que hai moitas escalas que están máis capacitadas para formar parte destes tribunais: gobernantía, xefes/as cociña, oficiais cociña, incluso calquer/a funcionario/a da escala AP subalterno/a, pois conviven a diario con persoal da escala ofertada e coñecen á perfección os traballos que deben realizar.

Unha vez máis fáltannos ao respecto metendo persoal dos corpos docentes en postos nos que debería estar persoal funcionario da Administración da Xunta.

Alguén se imaxina un tribunal de ensino no que os seus membros fosen veterinarios/as, médicos/as, titulados/as superiores...en fin, funcionarios/a da Administración Xeral?

Basta xa de menosprezos e de querer vendernos uns tribunais nos que a maioría dos seus membros descoñecen onde e que fan as persoas que van acadar un posto nese proceso.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...