Novas por contido

A Xunta vai construír un macrocomplexo de servizos en Mos / O Rebullón cun centro de coidados intermedios, escola infantil e centro de  atención a persoas maiores, entre outros

A Xunta de Galiza e o Partido Popular téñenos acostumada á cidadanía a ler noticias diarias sobre o “pioneiros” que son nunha morea de iniciativas, proxectos e servizos, máis aquí non somos os pechacancelas en nadiña....

O problema é que este chauvinismo patriótico que sentimos a cidadanía, non ten nada que ver coa utilización sistemática da mentira para manipularnos. Na área de Vigo, en Mos, contábase cun hospital psiquiátrico que atendía a unha ampla poboación. Este centro foi desmantelado e as persoas que precisabamos deste servizo observamos como nos ingresan en residencias de maiores sen profesionais cualificados que nos atendan, facendo a convivencia imposible e os últimos anos de vida das persoas maiores un inferno. Neste gran espazo con instalacións desocupadas, que estaba cedido parcialmente a entidades privadas “sen ánimo de lucro”, vanse construír agora un centro de coidados intermedios (tras a estancia hospitalaria), unha escola infantil e un centro de atención a persoas maiores.

Dende hai anos, a Xunta non abre ningún centro de servizos sociais con xestión pública. Dende a CIG, esiximos que este complexo de servizos sociais sexa 100% público, que é a única forma de garantir uns servizos públicos de calidade e o bo trato ás persoas usuarias. Non podemos esquecer que estamos falando de persoas en situación de vulnerabilidade (persoas enfermas, crianzas e persoas maiores son as usuarias destes tres tipos de centros).

A cidadanía non se pode permitir que o que pagamos cos nosos impostos vaia a engordar as contas de empresas privadas, moitas veces de familiares de cargos públicos, que acaban tratando a persoas enfermas, menores e anciás sen a garantía de calidade que ofrecen os servizos públicos de xestión directa. Unha mostra deste despropósito son as residencias privadas, e non so na pandemia.

Privatización, externalización e outras mamandurrias fóra! Coa CIG por uns servizos públicos de calidade, con xestión pública!

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...