Novas por contido

Función Pública recúa e acepta despois de 4 meses a proposta da CIG, pero tarde e tratando de aparentar que se debe a un acordo co trifachito sindical.

Informan CCOO, UGT e CSIF que mantiveron unha reunión con Función Pública en relación á problemática dos procesos do SPIF. A CIG, sendo o sindicato maioritario na Mesa Xeral de Empregados Públicos, NON foi convocada a esta reunión.

No mes de xullo tivemos unha xuntanza onde lle transmitimos a Función Pública os problemas que estaba a causar o cambio de criterios e solicitamos a baremación de todos os aspirantes ou a corrección dos autobaremos, como deixamos constancia nesta nova.

Se nese momento, tanto Función Pública como os outros sindicatos apoiaran a proposta, agora non teríamos ese problema.

O día 28 deste mes, sacamos outra nota e trasladamos a Función Pública o mesmo no que levamos meses insistindo.

Alegrámonos se ao final están dispostos a resolver este problema dándolle a solución que a CIG demandou insistentemente mentres outros calaban. Pero para tratar de tapar o erro, a administración non ten outra ocorrencia que tratar de transmitir que isto sucede porque se chegou a un “acordo sindical” cos tres mariachis, e non porque tiñan que rectificar porque estes procesos ían rematar xudicializados ata polos puntos e comas

Non imos consentir que se intente tapar e ignorar, nin á forza sindical que aportou a solución e que ademais é maioritaria, nin que se adopten decisións sen negociar, porque de entrada NON sabemos en que termos se vai facer esta rebaremación, co cal ata coñecer os criterios exactos en que se vai levar a cabo non nos imos pronunciar.

E este luns imos esixirlle unha explicación a Función Pública por non convocarnos.

Mentres as persoas aspirantes sofren as consecuencias deste despropósito a solución estaba aí porque a puxemos hai meses enriba da mesa. Que teñen que ocultar?


A empresa necesita dos sindicatos amarelos para xustificar os seus erros, e os sindicatos amarelos necesitan que a empresa dea lexitimidade á súa inacción durante meses.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Mércores, 30 Setembro 2026

A CIG reclama unha comisión paritaria e negociación real antes da aprobación do plan anual de formación 2027 da EGAP

A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector. A formación non pode...