Novas por contido

A posta en marcha do sistema de carreira profesional, que se iniciou no 2019 e tiveron que resetear no 2022, nen sequera se cumpre nos termos acordados. Deberían sentarse a negociar a convocatoria do grao III. E se supón que iso incluiría tamén o acceso aos graos I e II para aquelas persoas que están no grao I ou aínda non accederon a eles polo sistema extraordinario.

A diferenza do SERGAS onde están xa máis avanzados e no grao IV dende 2022, na Xunta o sistema pactado non garante nada. E a maiores de telo paralizado durante un ano e de verse obrigados a modificalo seguen a impedir que moito persoal acceda ao sistema.

Esiximos a posta en marcha, previa negociación, do acceso universal a todos os graos con efectos do 1 de xaneiro de 2025. E agora e no momento da negociación imos seguir mantendo,

• Que se estableza a posibilidade de acceder aos graos I, II e III e IV simultaneamente si se cumpren os requisitos.
• Que levanten o veto a que o persoal interino e temporal, ou ao que incluso agora xa ten a condición de persoal funcionario de carreira, para que poida acceder tamén aos graos I a IV nas mesmas condicións e cos mesmos requisitos que o persoal funcionario de carreira.
• Que se dea o dereito a cobrar a carreira a todo o persoal ao que cumprindo os requisitos se lles negou en 2019, con efectos económicos dende esa data.
• Que se cumpran as sentenzas gañadas pola CIG e se garanta a carreira profesional a todo o persoal chantaxeado coa funcionarización. Que se lles restitúa a carreira no grao que corresponda e se lles abonen os atrasos derivados da suspensión ás persoas que optaron por non funcionarizarse.
• Que se abra o procedemento ordinario para que as/os compañeiros/as que nestes últimos anos entraron a traballar na Administración, poidan acceder ao sistema de carreira profesional.

E finalmente, que o acceso á mesma se poida facer cando as persoas cumpran os requisitos (sexa a instancia das mesmas ou non) sen que haxa que esperar a que se abra un prazo, que en ocasións podería significar a perda de graos de carreira.

Sen prexuízo doutras medidas que defenderemos (suba e equilibrio dos importes, a inexistencia de tramos e porcentaxes e o cobro do 100% de cada grao dende o primeiro momento) estes serían os elementos básicos que imos defender para artellar un sistema de carreira profesional real e igualitario.

Convoquen a mesa xeral de negociación XA!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...