Novas por contido

A lei de Orzamentos para 2025 perpetúa os recortes de 2012 e non avanza nengunha mellora, excepto para a escala de letrados, polo que dende a CIG solicitamos a extensión desa mellora para todo o persoal

A CIG concentrouse o martes 17/12/2024 diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co debate dos Orzamentos da Xunta para 2025 para denunciar que con esta lei se perpetúan os recortes de 2012, e para reclamar a recuperación dos dereitos do persoal das administracións públicas.

Reclamamos para todos os empregados e empregadas públicas a recuperación do 100% das pagas extras, a recuperación do Fondo de Acción Social coa asignación do 1% da masa salarial; a recuperación dos 9 días de asuntos propios, unha suba para todo o persoal equivalente á que a Administración da Xunta aplica aos letrados, a eliminación da taxa de reposición, e a xornada de 35 horas, entre outras demandas.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos tamén que, coa lei de Orzamentos para o ano 2025, a Xunta continúa coa posibilidade de modular ou eliminar a percepción dos complementos específicos que retribúen as condicións de servizo específicas do persoal funcionario. “Desta forma pretenden reducir o salario do seu persoal nas baixas, conciliacións, vacacións... ou cando consideren que parte do servizo non se presta por carteleira ou polas condicións das funcións ou do traballador/a”.

Advertimos tamén que a lei de orzamentos perpetúa os recortes do 2012 no relativo a descansos e festivos do persoal que traballa a quendas e fin de semana, os dereitos de comedor, a gratificación por xubilación e cuestións relativas a períodos de descanso en Nadal e Semana Santa para o antigo persoal laboral que traballa en, fundamentalmente, Política Social e Educación. Ademais, denunciamos que segue sen aplicar o grupo B integrando ao persoal ao que se lles esixiu unha titulación de técnico superior nun grupo inferior (C1) e por outra banda mudan as funcións de varias escalas.

Dende a CIG denunciamos que a Xunta non aceptou ningunha proposta de mellora na Lei do Emprego Público de Galiza, como a de recoller os dereitos do V Convenio e que así o persoal laboral non perda os seus dereitos pola funcionarización masiva, ao tempo que o persoal funcionario puidese gozar de novos dereitos derivados dun convenio de persoal laboral a través dun acordo regulador das condicións de traballo, tal e como temos proposto.

E tamén fixemos constar como algo salientábel que a administración galega segue sendo unha das poucas que queda sen aplicar as 35 horas, ademais de negarse a tratar os concursos permanentes ou unha promoción interna real.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...