Novas por contido

CCOO e UGT levan dende marzo anunciando un “inminente acordo” sobre melloras na xubilación do persoal funcionario que ao final quedou nun bluf

Incluso recentemente mandaron un aviso a navegantes: “todos e todas pendentes que está ao caer un acordo sobre xubilación parcial”. E resulta que o tan cacarexado acordo non é máis que o enésimo anuncio de que acordaron que “se tramitarán” polo goberno unhas modificacións normativas para permitir a xubilación parcial SEN EXPLICAR EN QUE CONSISTEN .

De entrada hai que saber que a xubilación parcial xa existe na Lei Xeral da Seguridade Social para o persoal traballador por conta allea, e que xa é de aplicación ao persoal laboral das administracións públicas. O que non nos din é que para poder aplicala ten que EXISTIR un acordo entre as organizacións sindicais e, no noso caso, a Xunta. Isto, o acordo Xunta-sindicatos, é algo que xa intentamos en varias ocasións e a Xunta non o aceptou, polo que tememos que se non lle interesa para persoal laboral, todo parece indicar que tampouco vai querer para persoal funcionario.

Non sabemos que máis nos van a seguir contando e a cambio de que pactaron isto, porque na Mesa Xeral de Empregados das Administracións Públicas en Madrid, onde a CIG ten presencia, NON se negociou, pero si o fixeron por detrás para ocultar non sabemos que.

Tamén son salientábeis os silenzos e que non haxa, tampouco, referencias á xubilación anticipada. Ao igual que sucede agora coa xubilación parcial, no caso da anticipada estiveron meses xogando a crear expectativas en diversos colectivos que nin sequera estiveron realmente na súa axenda. Por non falar das eivas da posta en marcha no caso dos axentes ambientais. E hai que lembrar que dende a CIG esiximos a inclusión no sistema de xubilación anticipada, que é independente da parcial, dos Gardacostas de Galiza e demais persoas empregadas públicas que traballan na mar e do sector sociosanitario.

Nós imos seguir loitando para ter un sistema que garanta o dereito á xubilación parcial e anticipada DE XEITO REAL.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...