Novas por contido

No DOG do 03/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de postos que se ofertan e se convocan ao acto de elección de destino provisional as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Aproban a relación de prazas que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

Convocan as/os aspirantes seleccionadas/os incluídas/os no anexo I para que, nun único chamamento e acto, elixan obrigatoriamente destino provisional pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición.

O acto de elección de destino terá lugar o mércores 12 de febreiro de 2025, no salón de actos da Consellería de Sanidade; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, no horario que a seguir se indica, en función da clase:

Ás 10.30 horas, as clases de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública, inspector/a farmacéutico/a, licenciado/a en Farmacia, ATS/DUE e subinspector/a sanitario/a.

Ás 13.00 horas, as clases de inspector/a médico/a, licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas e licenciado/a en Psicoloxía.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...