Novas por contido

No DOG do 03/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de postos que se ofertan e se convocan ao acto de elección de destino provisional as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

Aproban a relación de prazas que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

Convocan as/os aspirantes seleccionadas/os incluídas/os no anexo I para que, nun único chamamento e acto, elixan obrigatoriamente destino provisional pola orde de puntuación acadada no concurso de méritos.

O acto de elección de destino terá lugar o mércores 12 de febreiro de 2025, no salón de actos da Consellería de Sanidade; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, ás 9.00 horas para todas as clases: farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública, inspector/a médico/a e subinspector/a sanitario/a.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...