Novas por contido

O persoal de campo, ante o abandono absoluto das xefaturas, vai no seu tempo libre atender o gando para garantir a súa supervivencia. 

A CIG leva leva reclamando con escritos ao director do CIAM a cobertura das vacantes e a substitucións das baixas dende hai mais dun ano xa que non se cubren nin as de paternidade, nin moito menos menos de enfermidade; tampouco se cubriron as vacantes que quedaron por xubilacións e incapacidades permanentes. E xamais contesta os escritos.

En decembro a situación era tan límite que, para saír do paso, fixeron vir a través dunha contrata unha persoa catro horas polas tardes. Sen formación, sen equipos de prevención. E ás veces non veu, sen previo aviso e o persoal dobrou quenda por iniciativa propia para que as vacas e as ovellas non quedaran abandonadas. Noutras palabras, o persoal de campo, ante o abandono absoluto das xefaturas, vai no seu tempo libre atender o gando para garantir a súa supervivencia. 

A falta de persoal de campo é xeralizada no AGACAL. A CIG leva tempo denunciando a folla de ruta, que consiste en precarizar os postos base para que o persoal marche, privatizar estes postos e empregar os cartos liberados para a creación de postos de libre designación.
Agora, coa funcionarización, atópanse con que as prazas que ofreceron en comisión de servizos por necesidades urxentes de cobertura recibiron cero solicitudes. Lembramos que as prazas de campo de AGACAL están integradas coas de medio ambiente no C1, C2 e AP de Recursos Naturais, pero en Medio Amabiente cobran, de media, entre 190 e 270 € máis ao mes. Quen vai querer vir nestas condicións?

Pero tampouco están facendo os chamamentos precisos polo decreto de listas. As consecuencias inmediatas:

  • Sobrecarga laboral: A CIG demandou no Comité de Saúde e Seguridade Laboral de medio rural do 18 de xullo de 2024 a sobrecarga laboral por falta de persoal. Comprometéronse a reclamar a Función pública a xestión directa das listas de contratación para garantir a cobertura urxente das prazas de atención directa ao gando. Non o cumpriron nin convocaron nunca máis o CSSL, vulnerando a normativa de prevención de riscos laborais que establece un mínimo dunha reunión cada trimestre.
  • Incumprimento da normativa de benestar animal: a pesares dos esforzos mencionados do persoal de campo por garantir a alimentación e muxido diario do gando para a súa supervivencia, cos medios actuais non é posible facer un mantemento e limpeza das instalacións axeitado. Esto provoca un malestar directo para o gando e indirecto tanto para o gando como para o persoal (esvaramentos, proliferación de bacterias resistentes como Staphylococcus aureus, trueperella pyogenes, ...). O gando tampouco recibe os cuidados idóneos cando precisan unha atención extra, por falta de persoal para adicarlles o tempo preciso para a súa situación ou patoloxía.

Das 5 liberdades básicas formuladas pola OIE (Organización Mundial de Sanidade Animal) no 1965 en materia de benestar dos animais terrestres só se está cumprindo a primeira:
1- libre de fame, de sede e de desnutrición;
2- libre de temor e de angustia;
3- libre de molestias físicas e térmicas;
4- libre de dolor, de lesión e de enfermidade;
5- libre de manifestar un comportamento natural.

A CIG tamén denunciou xa na primavera de 2024 ante o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Medio Rural os incumprimentos na normativa de animais de investigación ao deixaren caducar as capacitacións oficiais e necesarias para traballar con este tipo de animais a todo o persoal de campo e á meirande parte do persoal técnico e investigador.
Lembramos que as competencias sobre éstas acreditacións, a nivel galego, recaen na área de formación, innovación e investigación agraria da AGACAL.

Celebramos, iso sí, que AGACAL cumprira coa obriga e o compromiso adquirido con nós de formar ao persoal e o fixera este mes de febreiro, pero chega tarde. O centro público perdeu oportunidades de investigación neste tempo. E a persoa que ten agora o cargo de especialista en materia de benestar animal no CIAM foi contratada a TRAGSATEC no lugar do persoal veterinario investigador do propio centro.

  • Perda de capacidade investigadora: o persoal investigador leva tempo reclamando que non ten persoal suficiente para levar a cabo moitas das suas Investigacións.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...