Novas por contido

A DXEP infórmanos que aos efectos de formular alegacións aos listados de postos que se ofertarán nuns próximos concursos de traslados o prazo será ata o vindeiro venres, día 21 de marzo de 2025. As escalas para as que se abrirán os concursos de traslados son as seguintes:

Concurso 254

  • Arqueólogos
  • Restauración
  • Arquivos, bibliotecas e museos
  • Delineantes
  • Lingüistas
  • Descargar

Concurso 255

  • Profesorado numerario e mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
  • Axentes de extención pesqueira.
  • Descargar listado

Outras novas recentes

Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...