Novas por contido

Na xuntanza da Comisión de listas celebrada no día de hoxe mércores 26/03/25, ademais de aprobarse a acta e tratarse as reclamación correspondentes, informan dos seguintes puntos:

   - Publicaranse as listas definitivas das categoráis funcionarizadas de oficio o día 2 de abril.

  - As listas de incendios publicaranse antes da próxima comisión datada para o día 30 de abril.

  - Das listas de PSX e xerocultores/as aínda non saben cando as van abrir máis cando abran, poderanse anotar quen queira, sempre e cando teña os requisitos de acceso.

  - Da xestión a través de Función Pública das listas da Lei 17 non dixeron nada. Que é a consellería quen as xestiona e que de momento vai seguir sendo asi.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...