Novas por contido

O pasado xoves, 27 de marzo fomos convocados para a Comisión de Persoal onde se tratou a modificación da RPT de Política Social e a do consorcio.

Dende a CIG votamos en contra, así como tamén o fixeron o resto de organizacións sindicais con excepción de CSIF que se abstivo, fundamentalmente debido a :

  • Non se tiveron en conta as nosas alegacións presentadas.
  • Créase un posto de secretario/a A2, opoñémonos á apertura ao grupo A2 do posto de Secretario/a do/a Conselleiro/a.
  • Seguen a abrir postos a outras administracións (e sen que teñamos constancia da existencia de reciprocidade) co argumento de que non se dan cuberto, en lugar de abordar e poñer as solucións para que os postos sexan atractivos.
  • Estamos en contra de amortizacións de postos, para crear outros, cando todos son necesarios.
  • Respecto ao Consorcio, tráense modificacións de requisitos de coordinación Escolas Infantís...pero non se trae unha proposta que iguale os postos ao resto da Consellería.
  • Non se aborda un estudio rigoroso da RPT na sua totalidade.

Na rolda de intervencións abordáronse os seguintes asuntos:

   1) Postos desaparecidos do concurso de traslados de corpos xerais: 4 persoas de cultura de AP que participaron e os seus postos non aparecen en resultas. Están admitidos? Van a amortizar as prazas? Non sacar o listado de admitidos primeiro xera inseguridade. A directora di que consultarán o asunto.

   2) Postos que  no concurso de traslados de administración xeral aparecen cunha observación ZZM. Deducimos que non ten relevancia e que é un código interno que non afecta ás condicións dos postos, pero queremos saber de que se trata porque non aparece na lapela explicativa de códigos de observacións, e hai que aportar seguridade ao persoal que concursa. e que se trata. A administración volve a dicir que consultarán.

   3) Dende a CIG comentamos que deberían sacar un listado de escalas ás que cando se abra o prazo para a entrega de documentación dos aprobados se lles vaia a esixir o certificado de delitos sexuais. Porque se non o que ocorre é que se presenta a documentación e logo se volve a pedir o certificado, o cal ralentiza os procesos. Din que toman nota.

   4) Trienios de persoal laboral que adquire a condición de persoal funcionario: vai a administración a actuar de oficio para que se poidan cobrar os trienios na contía que corresponda á data do seu perfeccionamento? Se non o fai, vai haber algún procedemento para facelo? Vale cun PR004A ou hai outro modo? Esiximos que se abonen a diferenza dende que se adquiriu a condición de funcionario e non dende que ditaron a resolución.
A directora di que non será de oficio porque haberá persoal ao que lles interese a situación contraria (grupos I e II de persoal laboral), polo tanto terá que ser a instancia de parte e a través do PR004. Evidentemente falábamos do persoal dos subgrupos onde a contía do trienio é menor no caso de ser persoal funcionario.

   5) Teletraballo: temos constancia de ordes verbais e correos electrónicos de xefes de servizo tratando de restrinxir o teletraballo e alegando que eran ordes “de arriba”. Consideramos que non se poden tolerar comportamentos arbitrarios, sen motivación, que non se ateñan aos protocolos fixados no acordo. Facemos constar que xa solicitamos a reunión da comisión de seguimento para tratar este asunto.
Segundo a DXEP non hai ningunha instrución enviada por parte deles sobre o asunto do teletraballo. Valorarán a nosa solicitude de convocatoria da comisión. Non lles consta que haxa ningún cambio extraordinario na aplicación do teletraballo e intentan xustificar que o que lles comentamos se debe simplemente a que hai cada vez un maior número de solicitudes de teletraballo e que se trata de axustar en cada unidade administrativa as xornadas de teletraballo aos límites do acordo (fundamentalmente ao día da semana de presenza obrigatoria, ao de garantir a presenza do 40% do persoal, ou ao de garantir que non se exceda do 50% dos días mensuais de teletraballo). Queren transmitir que non hai ningún cambio e que o que hai é froito da xestión ordinaria do teletraballo.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...