Novas por contido

E solicitamos ter unha reunión, en canto remate a vaga de lumes, coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No día de onte, 13 de agosto de 2025, enviouse comunicación aos axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural das catro provincias galegas de que acudiran a apoiar nos incendios forestais. Esta comunicación foi feita principalmente por wassapp e por emisora, sen facer referencia a ningunha instrución ou indicación de actuación ou seguridade.

O persoal da provincia de Ourense esta en gardas (período extraordinario) durante o mes de agosto e setembro e algúns deles teñen emisora con canal co 085 por ter feito labores de vixilancia preventiva. Porén o resto dos compañeiros da Galiza NON TEÑEN EMISORA CON CANAIS DE INCENDIOS (nin 085, nin distritos) nin están en período extraordinario.

O persoal axente ambiental do Servizo de Patrimonio Natural non ten a formación en extinción de incendios forestais. Tampouco ten EPI nin material de seguridade.

Por todas estas razóns esiximos o seguinte:

1. Que a actividade nesta vaga de lumes sexa exclusivamente de vixilancia para evitar aparición de novos focos ou lumes, primando as zonas de alto valor ambiental - sen entrar nos incendios forestais -.

2. Que se abran prudentemente as emisoras para que poidan ter comunicación co SPIF.

3. Que se estableza o período extraordinario potestativo (gardas) previsto no Acordo para poder ter maior cobertura horaria en base o artigo 8.2 da ORDE do 18 de xaneiro de 2019, conxunta das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural, pola que se establece o réxime de prestación de servizos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos ambientais:

“Artigo 8. Período extraordinario na consellería competente en materia de patrimonio natural
2. En caso de emerxencia ou ante necesidades do servizo sobrevidas, a consellería competente en materia de patrimonio natural, mediante resolución do órgano directivo con competencias na materia, poderá establecer un período extraordinario de servizos fóra das franxas horarias establecidas dentro do período ordinario. Este período extraordinario non poderá ser superior a dous meses en cómputo anual, que poderá fraccionarse en catro períodos de, como mínimo, 15 días de duración. O inicio de cada período anunciarase con 15 días de antelación sempre que as circunstancias o permitan.”

4. Que se respecten os permisos previos e as vacacións do persoal.

5. Que se envíe unha instrución por escrito ao persoal coas condicións de seguridade para previr accidentes e problemas de saúde no persoal.

6. Unha reunión ao rematar a vaga de lumes para tratar estas cuestións no futuro e evitar situacións improvisadas que poñen en risco ao persoal.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...