Novas por contido

O xoves 8 de maio asistimos á Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) onde discutimos a proposta de convocatoria de proceso selectivo para a escala de gardacostas-C1, especialidades de patrón/patroa e mecánico/a.

A CIG comezou a súa intervención queixándose das formas: é inaceptable que nos enviaran a convocatoria para a MSF aínda en prazo de alegacións, de xeito que o prazo de alegar rematou o día anterior á MSF, polo que cuestionamos que lles dese sequera tempo a ler o que quixemos manifestar. A resposta, como non, foi dicir que si lles deu tempo (só recibiron alegacións da CIG e doutro sindicato).

As alegacións que presentamos constan de catro páxinas nas que facemos un relatorio polo miúdo de moitas cuestións que teñen que corrixir. Por centrar a información aquí exposta, poñemos aquí as ideas principais. Se queres información polo miúdo contacta coa CIG:

  • Forma de acceso: convocan mediante oposición. A CIG considera que o sistema selectivo idóneo é o concurso-oposición, coa fase de concurso do 40%, recoñecendo así tamén o principio constitucional de mérito. E hai que ter en conta que nestas escalas hai moitas persoas interinas que non van ver recoñecido o seu esforzo e adicación nos últimos anos.

  • Requisitos das persoas aspirantes: a Lei do Emprego Público de Galiza (LEPG), esixe un título profesional determinado. Pero nesta convocatoria engaden un título de técnico superior no previsto na LEPG. A maiores, esixen o permiso de conducir B, caderno marítimo e certificados varios que non están previstos nin na LEPG, nin na Lei 2/2004, nin no Decreto 136/2017. Hai requisitos previstos no RD 269/2022, polo que se regulan os títulos profesionais e de competencia da Mariña Mercante, pero a DXEP non adaptou a LEPG. A xente debe coñecer as esixencias para presentarse ao proceso. A DXEP finalmente di que van a poñer o que di a LEPG. Pero ollo, que para a obtención dos títulos profesionais, as esixencias son as do RD 269/2022.

  • Tempo para a realización do primeiro exercicio: as persoas candidatas teñen o dereito a organizar a súa vida tendo unha previsión de cando serán os exames, así que non nos vale coa redacción de que o primeiro exercicio non será antes dos 6 meses, pois sobran exemplos de procesos que despois pasan a 12 meses. Así que queremos que tamén poñan un máximo, non só un mínimo. A DXEP di que a data xa está publicada por unha información do Consello da Xunta. Pero: 1) unha información do Consello da Xunta non é normas, e 2) xa ten pasado que tentaron mover as datas doutros procesos que tamén estaban informados. Así que mantemos a nosa petición de que poñan un máximo de tempo.

  • Promoción interna: como en todos os procesos defendemos que sexa do 50% do total da oferta, horizontal dende o mesmo subgrupo e vertical dende o subgrupo inferior, reciprocamente en todas as escalas.

  • Exercicio de duas partes: non concordamos que as dúas partes do mesmo exercicio teñan cortes diferentes. Iso é, en realidade, o mesmo que ter dous exercicios con cortes separados. Queremos por tanto que o corte sexa único para todo o exercicio, non por partes.

  • Nota de corte: queremos recuperar a posibilidade de rebaixar o corte ao 40% caso de que co 50% de acertos non se chegue á proporción de 4 aprobados por praza. Así foi nos últimos procesos.

  • Exercicio de aptitude física: do mesmo xeito que defendemos adaptar a proba ao sexo, tamén queremos adaptala á idade, porque non buscamos atletas senón persoas aptas para facer o traballo.

  • Exercicio de lingua galega: na liña de defender a obxectividade das probas, defendemos que este exame sexa tamén tipo test (cos contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua en léxico, sintáctica e gramática).

  • Criterios de desempata: xa sabemos a resposta, pero queremos que nos indiquen se non hai infrarrepresentación feminina nestas especialidade para telo en conta.

Agora falta que nos convoquen á Comisión de Persoal, onde se emitirá o informe para a aprobación da convocatoria por parte do Consello da Xunta.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...