O día 6 de maio de 2025 tivo lugar a reunión.
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
A acta non se aproba.
2.- Accidente na queima prescrita con data 31 de marzo de 2025 na provincia de Ourense.
Dende a CIG xa nos puxemos en contacto co traballador en repetidas ocasións e dentro da situación que puido ser está relativamente ben, iso e o mais importante.
Dende os organismos competentes neste tipos de situacións vanse facer entrevistas e indagacións para atopar as causas de este accidente.
A CIG esperará a ter todos os datos encima da mesa para sacar as conclusións mais acaidas, e evitar dentro do posible que estes accidentes se volvan producir.
3.- Novas Pick-up.
Dende a CIG claramente apostamos por outro tipo de conxunto operativo, asociado a unhas maiores prestacións de motor, con respecto ao peso máximo en orden de marcha do vehículo, polo que as prestacións dos motores parécennos moi escasas, formulando nas alegacións dos pregos de condicións técnicas unha relación peso potencia de carga máxima de 70 Cv/ Tn.
Tamén as prestacións da nova bomba, que é evidente que e moito mellor que as anteriores, para nós non alcanza os parámetros que dende a CIG parécennos os mais axeitados, fundamentalmente baseados nas características especificas da curva de potencia da bomba e nos seus rangos Caudal/Presión.
4.- Problemas nos EPI´s: queimaduras, radiación e faíscas nos novos EPI´s.
Para CIG este e un asunto especialmente importante, debido as queixas obxectivables dalgúns traballadores, pola aparente pouca protección dos novos EPIs ante queimaduras e faíscas.
O primeiro que queremos manifestar e que este e un asunto que ten moitas variantes, o primeiro e que as queimaduras na sua maioría prodúcense en queimas, e isto e certamente estraño. Dende o sindicato puxémonos en contacto con numerosos traballadores, obtendo informacións incluso contraditorias, polo que nos fai entender o complicado do asunto.
Os pregos de condicións técnicas son moi bos: a introdución dun novo tecido con maiores características anti-punzamento e mais contido en Para-aramida parécenos un bo paso adiante; as características de protección térmica era axeitadas a norma, e a pesar de todo parece que se están a producir queimaduras nalgúns casos.
Pola sua banda a Xunta enviou este EPI para su comprobación técnica a laboratorios independentes, e polos seus resultados son axeitados en base aos pregos de condicións técnicas polo que o EPI non é o problema. En cambio a nova camiseta a cal tamén se levou a comprobar parece ser que non da as prestacións mais axeitadas.
Dende a CIG parécenos que debe haber mais cámara de aire entre o EPI exterior a camiseta e a pel do traballador, porque na maioría dos casos parece que as mangas son especialmente estreitas e poden contribuír a perder eficacia na protección, e aínda que os reflectores no antebrazo parecen cumprir perfectamente, as caracteristicamente técnicas, no seguinte comité de EPI´s, imos propor a retirada desa parte do EPI, e cambiar o patrón nas zoas do brazo e antebrazo a un patrón mais folgado para garantir esa capacidade de illamento necesaria pola cámara de aire.
5.- Lavados dos EPI´s.
Dende a CIG solicitamos que se cumpran os procedementos de lavado dos EPI´s de forma mais eficiente.
Para levar a cabo esta cuestión plantexamos que se conciencie mais fortemente, ás persoas traballadoras da necesidade de entregar os seus EPI´s para evitar os riscos de saúde.
Que se mellore as capacidades loxísticas de recollida e entrega dos EPI´s ás persoas empregadas públicas, e polo tanto que perciban que o sistema e suficientemente eficiente para garantir a mellores rotacións de utilización.
Podendo fortalecer esta loxística a través dos propios traballadores do SPIF, na segunda actividade.
Por outra banda dende a CIG sempre pensamos a necesidade de colocar lavadoras nas bases para minimizar a exposición o ferruxe a través de lavados, o que non é significa que non se realicen os axeitados lavados industriais específicos.
6.- Gafas e protección solar para vixiantes.
Dende a CIG solicitamos que se entreguen a todos estes traballadores cremas de protección solo FP 50 e gafas solares, e a Administración comprométese na súa entrega, e que o traballador que lle falte calquera dos complementos que os pida no seu distrito.
7.- Problemas cos autorrescatadores.
Solicitamos saber o motivo porque se inflan os autorrescatadores.
A Xunta púxose en contacto coa empresa subministradora e informa que teñen un problema no recipiente de almacenamento de plástico, polo que estanse recollendo en todas as provincias (falta Coruña por recoller), e que antes da campaña de alto risco se van entregar novamente. Os autorescatadores funcionan perfectamente so que e necesario volver a facer un empaquetado mellorado.
8.- Proposta de botiquín individual.
Solicitamos que se repoñan os botiquíns individuais, e tamén que se repoñan as fundas exteriores dos botiquíns. Dende a CIG propoñemos dous tipos de tecidos, ou Cordura 1000D, ou o tecido exterior do propio EPI pero con dobre capa.
9.- Cantimploras individuais, pastillas potabilizadores.
E necesario que a os traballadores se lles entreguen cantimploras (material Tritan peso 100 g) que soporta temperaturas de 100° C, a auga non colle sabor e non da problema cando se empregan pastillas potabilizadoras, que no caso de ter que usalas e necesario agardar un mínimo de 30 min), dado que co cambio climático e as ondas de calor é necesario manter unha axeitada hidratación e unha importante garantía é minimizar os problemas de augas contaminadas cando se colle en circunstancias de necesidade en arroios e fontes de auga non garantidas.
A administración valora a compra dese material. As pastillas non se entregarían ata que exista un procedemento para potabilizar a auga.
10.- Sustentadores ou mochilas para bombeiros forestais.
Dado que temos que levar cantimplora, autorrescatadores, semi-máscara. botiquins etc, a cantidade de peso que se leva non é posible colgalo do cinto, polo que dende a CIG plantexamos diferente medidas de mellora desta cuestión.
Sustentadores, mochila, ou unha combinación dos dous, mochilas baixas que leves o material do día e a maiores permiten levar Sistema mole, que permitan o enganche de elementos de forma rápida.
A Administración mirou ambos sistemas e decantase por o sistema de mochila con sistema mole, adáptanse mellor o lombo, e a administración informa que teñen varios modelos, e que se traslada para levar o tema ao subcomité de EPI´s, para realizar o prego e posterior licitación da compra de mochilas.
11.-Micro emisoras brigadas.
As emisoras Sepura do primeiro modelo seguen nalgún caso sen micro, e coas luvas postas é case imposible realizar a comunicación.
A Administración informa que se está priorizando a compra de micros: faltan 96 micros de Sepura das brigadas de reforzo.
Hai stock de 100 para o modelo Motorola.
Vaise realizar unha compra de 400 portofonos Sepura.
12.- Comida asimilación rápida.
Dende a CIG indicamos que é necesario repartir as racións de asimilación rápida con axilidade, pois cando chegan os distritos chegan ca data de consumo preferente rematado.
A Administración informa que todos os anos a principio de campaña realízase a compra de racións de asimilación rápida.
13.-Rogos e preguntas.
Dende a CIG indicamos que a base de Bande, non dispón de illante no teito e que isto débese solucionar inmediatamente e ademais so dispón dunha ducha para mais de 40 traballadores e isto non pode ser así e que debese arranxar inmediatamente. A Administración informa que este e un local cedido que xa está contemplado nun proxecto de mellora o illamento do edificio, e que referido ás duchas no distrito dispoñen de varias duchas para poder usar de momento.
A Administración está deixando instalacións do Distrito XIX a unha empresa estatal, sacando espacio os traballadores públicos da Administración autonómica.
Dende a CIG solicitamos que esta situación debe rematar inmediatamente
A Administración informa no Comité:
Informa de que vai realizar unha proposta para achegar o borrador de prego para a roupa de prevención para as brigadas, onde inclúe novas prendas.
Todo dentro dun acordo marco dividido en 4 lotes.
Informe relativo a un comportamento inusual, do 25 abril dun traballador da consellería.
A CIG solicita que de xeito urxente, se convoque un comité extraordinario do CSSL de MR.
Dado que hai un protocolo especifico para comportamentos inusuais establecido en dito comité para solucionar de xeito urxente este problema.