Novas por contido

No DOG do 14/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas e especialidades da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe <listas de contratación>, e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellaría de Facenda e Administración Pública, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario das escalas que se relacionan:

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo Corpo/ escala                Denominación

C1          209U              Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro                                      forestal xefe de brigada.

C2              207S                  Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de                                                 emisorista/vixilante/a fixo/a.

C2               207T                 Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de                                                  bombeiro forestal-condutor de motobomba.

C2               207U                Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de                                                  bombeiro forestal.

Outras novas recentes

Luns, 12 Mai 2025

Rebaixas nos dereitos de xubilación anticipada do persoal bombeiro forestal

Mediante a modificación do Real Decreto 383/2008 o Goberno pretende reducir os dereitos de xubilación do persoal bombeiro forestal establecendo límites a aplicación dos coeficientes redutores. O proxecto de modificación do Real Decreto 283/2008 pretende rebaixar e escalar os dereitos de xubilación anticipada incluídos na Lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros...
Luns, 19 Mai 2025

Proposta de revisión do acordo de veterinarios/as de Sanidade (16/05/25)

O pasado venres día 16 de maio tivemos a segunda xuntanza con Sanidade para a negociación da addenda do anexo I do acordo de persoal veterinario saúde pública.As catro organizacións asinantes do acordo, CIG, CC.OO, CSIF e UGT, acordamos instar que:1- Retirada da Addenda2. Convocatoria inmediata do concurso de traslados3. Calendarización da renegociación do acordo,...
Mércores, 14 Mai 2025

Proceso selectivo gardacostas (patrón/patroa, mecánico/a): convocatoria aprobada en CP 14/05/25

Na Comisión de Persoal do mércores 14 de maio, quedou aprobada a Resolución pola que se convoca o proceso selectivo para as especialidades de patrón/patroa e mecánico/a da escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Son 23 prazas, mediante o sistema de oposición, repartidas do seguinte xeito: Patrón/patroa: 10 prazas, das que 1 está reservada para persoas con...