Novas por contido

O teletraballo é unha modalidade de prestación de servizos que compre manter na nosa Administración, resultado da negociación colectiva na que se acadou o Acordo coa CIG en decembro de 2020. O obxectivo foi substituír ao “teletraballo da Covid” e que tivera a maior vocación de permanencia posible e, deste xeito quedou regulado na Orde do 14 decembro de 2020 pola que se publica o Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Mais estes meses estamos a ver como en determinadas unidades tentaron limitar o teletraballo ou incluso chegaron a suxerir a idea de que non se ían conceder determinados días. Na CIG avisamos de que isto non se podía facer “as bravas” e que se tiña que seguir o procedemento establecido. Porén, quedamos preocupadas/os ante o aumento de manifestacións contra o teletraballo por parte de persoas que teñen responsabilidade na xestión do persoal en varios departamentos e centros directivos, polo que falamos coa Dirección Xeral de Emprego Público por se houbera cambios unilaterais por parte da Administración, cousa que non íamos admitir.

Entón, que hai de certo nos rumores sobre a deriva antiteletraballo?

  • SI, hai unha petición de datos de teletraballo ás consellerías por parte da DXEP, que son necesarios para poder convocar ás comisións, a técnica e a de seguimento.
  • SI, hai malas interpretacións ou confusións, incluso ignorancia ou mala fe nalgunhas direccións territoriais e servizos, que aproveitando a solicitude de datos quixeron limitar o teletraballo fora do procedemento establecido, na vez de falar co seu persoal e acordar para manter o 40% de presenza nalgunhas datas.
  • SI, é certo que os permisos e vacacións do persoal teñen prioridade sobre a modalidade de prestación de servizos de teletraballo. Hai que facer cadrantes para deixar o servizo cuberto.

e, 

  • NON hai limitacións nin restricións do Acordo de teletraballo publicado. O procedemento esta vixente na súa totalidade e, nestes momentos, tampouco hai proposta de modificación enriba da mesa.
  • NON hai ningún tipo de instrución limitante dende a Dirección Xeral de Emprego Público, nin de número de xornadas nin de días da semana.
  • NON chegou a Emprego Público ningunha resolución de suspensión ou revogación do teletraballo nestes meses.

Aínda que concordamos que pode ser necesaria unha análise do seu funcionamento para mellorar as eivas que se atopen, lembramos que unha aplicación incorrecta nalgunha unidade ou algún abuso puntual dalgunha persoa teletraballadora non pode dar lugar a unha limitación xeral deste réxime de prestación de servizos. E compre introducir unha fórmula que permita equilibrar nas unidades esta prestacións de servizos. NON se pode admitir que co mesmo traballo e na mesma unidade a unhas persoas se lles conceda o 50% das xornadas e a outras tan so un día a semana.

Somos conscientes de que hai máis cuestións que mellorar polo que se tes propostas, contacta coa CIG.

E por suposto, se intentan restrinxir sen motivo o teu teletraballo, se o queren facer a través de ordes verbais e sin resolución, se cho revogan ou si consideras que existen problemas, non dubides en contactar coa CIG.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...