Novas por contido

A manifestación de axentes forestais e medioambientais convocada por CIG, CCOO, CSIF e UGT para o martes 12 de agosto queda suspendida tras os compromisos de Medio Rural e Medio Ambiente

As organizacións sindicais asistimos o xoves 7 a unha xuntanza coa Conselleira do Medio Rural, na que estaban presentes o D.X. de Montes e o Secretario Xeral Técnico. Expuxemos as demandas sindicais e os incumprimentos da Xunta, en cuestións como o regulamento de funcións, as condicións de traballo, a necesidade de incrementar postos, as substitucións, etc., finalmente acadamos o compromiso verbal da Conselleira, de que comezaremos as negociacións na segunda semana de setembro, ao que engade como acto de boa vontade, o compromiso do incremento de 1 nivel para tódolos axentes de Medio Rural para o ano 2026.

Por outra banda, o mesmo xoves 7 recibimos a comunicación por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de sentarse cos sindicatos a principios de setembro, na que instaremos á Consellería a aplicar as mesmas medidas que en Medio Rural.

Vistos os movementos que realizan as dúas consellerías, xunto co actual nivel de incendios, CIG, CCOO, CSIF e UGT acordamos desconvocar a manifestación do martes 12 e abrir o momento da negociación.

Tentaremos que a xuntanza con Medio Ambiente e con Medio Rural sexa o mesmo día, e tentaremos sumar tamén á Consellería de Industria e Facenda. E comprometémonos a que se en troques de negociar, o que fan é dilatar, volveremos á carga.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...