Novas por contido

Asistimos á Comisión de Persoal do 1 de agosto para aprobar as modificacións de tres relacións de postos de traballo (RPT) que, con cousas boas e malas, tiñan un nexo en común: o incremento do complemento específico de entre 5.000 e 6.000 € para unha elite de postos de niveis 28 e 30, das escalas de letrados/as e de finanzas, co argumento da necesaria homologación cos seus equivalentes no Consello Consultivo e co Consello de Contas.

Esta vez foron as seguintes: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; Consellería de Facenda e Administración Pública, e Atriga. Todas elas seguen a liña que xa previamente marcou a Presidencia da Xunta. 

Esta homologación por arriba (niveis 28 e 30), de letrados e finanzas, foi aprobada na Lei 4/2024, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2025, imposta sen previa negociación coa representación sindical do persoal.

Na CIG non nos opoñemos á suba salarial dos empregados e empregadas públicas, pero si nos opoñemos a que estas subas só lles afecten a un grupo de postos. 

As propostas quedaron aprobadas, todas elas co voto en contra da CIG. Estas foron as votacións:

  • RPT de Atriga: CIG en contra. CCOO abstención. CSIF=UGT a favor
  • RPT de Facenda: CIG: en contra. CCOO=UGT abstención. CSIF en contra
  • RPT C. Presidencia: CIG en contra. CCOO=UGT abstención. CSIF a favor

Dende a CIG defendemos que a totalidade de postos e escalas da administración xeral e especial, de niveis altos e niveis baixos, sexamos tamén homologadas e homologados aos seus equivalentes co Parlamento, co Consello Consultivo ou co Consello de Contas.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...