No DOG do 19/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galiza.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galiza para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.