Novas por contido

Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan do seguinte:

Concurso de traslados de corpos xerais:

O venres 14 de novembro publicarán no DOG a Resolución coa listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Concurso de traslados de escalas do SPIF (servizo de incendios):

O luns 17 de novembro publicarán en DOG a Resolución pola que se adxudican os postos de traballo ofertados e se dispón o cesamento e toma de posesión das persoas adxudicatarias. O cesamento vai ser o día 13 de xaneiro, e supoñemos que será coincidente coas tomas de posesión das persoas que superaron os procesos selectivos do SPIF.

Unha administración informatizada e automatizada

O concurso de corpos xerais foi convocado en maio do 2024, fai ano e medio, e os postos foron escollidos en marzo de 2025. O que anuncian agora é a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, e non sabemos cando pretenden resolver o concurso.

O concurso do SPIF foi convocado en decembro de 2023, fai case dous anos. A solicitude de prazas foi en xaneiro de 2025. 

Dos demais concursos, non facilitan información.

Outras novas recentes

Venres, 27 Novembro 2026

Nomeamento como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de PSX e xerocultura

No DOG do 27/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal de servizos xerais, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos...
Martes, 24 Novembro 2026

A Administración actúa como polo sen cabeza coas tomas de posesión

Por fin rematou a toma de posesión convocada no DOG do 11 de novembro de 2026, a toma de posesión en escalas de persoal funcionario que ía ocupar maioritariamente postos en centros de destino das Consellerías de Educación, Política Social, Medio Rural e Medio Ambiente. Podíamos imaxinarnos que nada ía saír ben tendo como referencia a toma de posesión convocada en agosto,...
Martes, 24 Novembro 2026

MX e MSF 24/11/26: procesos selectivos de acceso libre de corpos xerais, enquisador e FOL (e outras informacións)

Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial (martes 24 de novembro) tratáronse as propostas de convocatoria de seis procesos selectivos de persoal laboral e funcionario, ademais de diversas cuestións sobre listas de contratación e procesos en marcha. Nos distintos procesos abordados nas mesas, a CIG mantivo unha liña reivindicativa común para garantir procesos xustos, obxectivos e...