Novas por contido

No DOG do 12/01/2026 publican o ANUNCIO do 26 de decembro de 2025 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2026 de pase á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, derivado do publicado mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellaría de Economía, Emprego e Industria.

O prazo de solicitude será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Outras novas recentes

Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...
Venres, 04 Setembro 2026

A Consellería do Medio Rural coloca adhesivos nas motobombas “Prohibido subir á parte superior agás persoal autorizado con equipo anticaida"

O que non resulta admisible é establecer unha norma de seguridade sen dotar previamente os vehículos e o persoal dos medios necesarios para poder cumprila. Hai que  cumprir a norma SI, pero co material adecuado: 1. Real Decreto 1215/1997 • Art. 2: definición de equipo de traballo. • Anexo I, apartado 1.6: risco de caída superior a 2 m → varanda ou protección colectiva...