Novas por contido

A Consellaría de Educación segue a actuar de xeito discriminatorio nos centros de ensino públicos de Galiza, actuando ante un mesmo feito causante de xeito diferenciador, constatándose así a existencia dun persoal de primeira, docente e un persoal de segunda, non docente.

Por un lado, o persoal docente con responsabilidades directivas ou de coordinación, terán como máximo, as reducións horarias semanais que se indican a continuación: ”ós representantes dos profesores no Consello Escolar computaránselles dúas horas complementarias fixas por tal motivo; para iso, sempre que as dispoñibilidades do centro o permitan, non se lles asignará ningún grupo de titoría. En caso contrario as dúas horas descontaranse das outras complementarias, segundo as prioridades que estableza a dirección do centro en función das necesidades.”  É dicir, recoñéceselles a posibilidade de compensar con dúas horas complementarias o tempo de participación nos Consellos Escolares. (Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria)

No que atinxe ao persoal non docente e, a pesar de que a súa participación, nalgúns casos sexa directa, tal e como reflexa a lexislación “os centros docentes nos que exista un só membro correspondente a este sector quedará automaticamente integrado no Consello Escolar”, non se lle recolle compensación algunha.

Levamos xa presentado varios escritos sobre este asunto tanto á Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional como á Dirección Xeral de Emprego Público sen que ata de agora obtiveramos resposta, na súa tónica habitual de desleixo ao persoal empregado público.

Así pois, dende a CIG denunciamos a falta de coherencia no funcionamento dos centros de ensino con respecto ao seu persoal e solicitamos que dende a Administración pública se den instrucións claras e non discriminatorias no que atinxe ao dereito de todo o persoal a ser compensado pola participación nos Consellos Escolares dos centros educativos públicos galegos.  

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...