Novas por contido

A Xunta decide mudar o modelo de baremo dos concursos, eliminando o tempo de permanencia no posto e suprimindo o achegamento ao domicilio das fillas, fillos e dependentes, limitándoa só ao achegamento á persoa cónxuxe.

O venres pasado, 13 de febreiro, tratamos en Comisión de Persoal o concurso de traslados de estatística e o de persoal experto lingüista, ademais de varias cuestións relativas a outros procesos en marcha que che detallamos deseguido.

A CIG pide que se recuperen o tempo de permanencia e as medidas de conciliación nos concursos de traslados 

A DXEP retirou dos concursos aprobados (e semella que vai ser así en diante), tanto a puntuación polo tempo de permanencia no posto como o reagrupamento familiar ao domicilio onde residen as fillas e fillos e persoas familiares dependentes, considerando unicamente o reagrupamento coa parella. Non concordamos con esta involución, e por iso demandamos que se recuperen ambos os dous conceptos.

Por unha banda, a permanencia ha ser un mérito separado das medidas de conciliación e igualdade de xénero; e con respecto á conciliación, este cambio supón unha clara restrición das medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, contraria  á Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galiza, así como ás políticas e normas de igualdade que deben rexer a actuación da Administración pública como empregadora. Neste senso, é unha medida que ignora os dereitos das familias monomarentais/monoparentais (a maioría integradas por mulleres), o que constituiría unha discriminación indirecta de xénero.  

A maiores, non aceptaron cousas como que as prazas das persoas que participan no concurso e se xubilan antes da resolución, poidan ser adxudicadas en resultas, ou engadir no concurso as novas vacantes dende a convocatoria ata o momento da elección de postos.

Nos dous concursos, CIG e CCOO votamos en contra. CSIF e UGT abstivéronse.

Concurso de traslados de estatística

Sinalan que hai modificacións no anexo II con respecto á versión negociada o 9 de febreiro:

  • inclúen á Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) nos organismos para a baremación dos cursos
  • engaden entre parénteses «cursos que versan sobre materia de estatística» no caso da Consejería de Hacienda de la Junta de Castilla y León
  • actualizan a denominación do Centro de Estudios de la Administración Regional de Cantabria, que figura como «Instituto Cántabro de Administración Pública Rafael de la Sierra».

Concurso de traslados do persoal experto lingüista

A DXEP sinala que o texto non sufriu modificacións, pero van facer a mesma actualización da denominación do Instituto Cántabro que no caso do concurso de estatística.

Durante a negociación, a CIG esixiu que se cumprira o compromiso de homologación de niveis prometido nunha pasada modificación da RPT. Solicitamos unha modificación urxente, que non aceptaron facer.

Outros asuntos

  • Convocatoria do proceso selectivo da especialidade de Ciencias do Mar: a DXEP comunicounos que van publicar no DOG (non din a data) unha resolución de modificación da convocatoria do proceso selectivo da especialidade de Ciencias do Mar (escala de Ciencias), pola que que eliminan o tema 15, por apreciaren dous erros na descrición dos contidos; e fan unha corrección de erros relativa ao tema 26: onde di  Marisqueo profesional, a pé, recreativo. Regulación, ordenación e situación socioeconómica deberá dicir Marisqueo profesional, a pé, en embarcación (regulación, ordenación e situación socioeconómica)
  • Modificación da RPT de Emprego: a DXEP sacou do concurso de traslados postos que afectaban á Consellaría de Emprego, porque se ía negociar unha modificación importante da RPT. En setembro de 2025 a negociación estaba case pechada. Preguntamos cal é o atranco con esta RPT, e a DXEP respondeu que están analizando a información.
  • Modificación da RPT de Cultura: foi negociada en marzo de 2025, pero achégannos agora a resposta ás nosas alegacións, polo que preguntamos cal é a necesidade de facer unha modificación. A DXEP di que nas vindeiras semanas, este mesmo mes de febreiro, negociación esa modificación, e que ás veces lles xorden problemas que fan que queden paradas.
  • Promoción interna da OEP de 2022: o derradeiro exame foi en febreiro de 2025, e a DXEP sinala que publicarán canto antes a listaxe de persoal que superou o proceso, xa que xa está convocada outra promoción interna.
  • Problemas coas solicitudes de carreira: está habendo problemas na súa tramitación con persoal con décadas de servizos prestados, que polo que parece non a van cobrar en febreiro. A DXEP di que se estimaron o 77% das solicitudes e quedan pendentes o 23%. Cónstalles que hai bastantes solicitudes pendentes de validación de méritos que determinan que poidan cumprir ou non cos requisitos, porque Fides nalgúns casos non estimou os méritos de xeito automático. Porén, isto non afectaría ás persoas que teñan acreditados tantos servizos prestados, polo que a DXEP non  aclara que é o que está pasando.
  • Bases do concurso específico: a DXEP afirma que, oficialmente, non lles chegou ningunha solicitude de informe de bases de concurso específico. Entón, será que lles chegou extraoficialmente...
  • Axentes ambientais: saen a elección de destino dous postos en Ourense, e parece ser que na caixa de postos saían cinco, pero os que se ofertan non teñen relación con eses cinco. A DXEP di que a caixa de postos que saíu é unha caixa orientativa, e que os dous postos que finalmente se ofertaron na elección de destino son postos vacantes; engadiron que seguen os requisitos habituais das eleccións de destino. De feito, nesa caixa había máis postos dos que se ofertaron; previamente convocaron o concurso de traslados, polo que as caixas de estabilización quedaron desvirtuadas dende o momento no que se ofertaron concursos de traslados. Son postos que non se adxudicaron no concurso e entenden que non prexudica a ningunha persoa.
  • Concursos de traslados do persoal arqueólogo e persoal arquitecto pendentes de publicar: nestes casos tamén está pendente a estabilización, e son casos onde non hai moitas persoas. A DXEP di que están centrados/as na baremación definitiva do concurso de traslados da Administración xeral, e que tan pronto rematen co xeral, que afecta a moitos procesos, irán cos concursos de traslados de poucas persoas participantes.

Outras novas recentes

Xoves, 26 Marzo 2026

O PLADIGA 2026 mantén conxelado o persoal propio e afonda na externalización do operativo de alto risco

A Xunta non aumenta persoal para a extinción de lumes O PLADIGA 2026 non incorpora ningunha praza nova de persoal propio da Xunta para a extinción de lumes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Mantén exactamente os mesmos efectivos que en 2025: 276 brigadas de terra e 12 brigadas helitransportadas. Nin máis persoal técnico, nin bombeiro, nin...
Martes, 24 Marzo 2026

Aproban o novo PLADIGA 2026 sen negociar, una ano máis

A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando...
Martes, 24 Marzo 2026

Onde están as 35 horas na Xunta? Oito anos sen avances

Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais. Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade...