Novas por contido

No proceso tamén se renovaron a Executiva e a Dirección Nacional

A IX Asemblea do sector da Autonómica, celebrada este sábado 28 de febreiro en Compostela, elixiu a Xosé Lois Díaz Fernández como novo secretario nacional, que releva no cargo a Zeltia Burgos Tortosa. No proceso, ao que concorreu unha única candidatura de consenso a todos os órganos a renovar, tamén se escolleu a nova Executiva e a nova Dirección Nacional, así como as persoas que representarán o sector na Dirección Nacional da Federación de CIG-Administración.

O lema desta IX Asemblea Nacional foi:

«Persoal público e con dereitos, garantes do interese común. Loitar, negociar e avanzar dende a acción sindical.»

Nun contexto no que se cuestiona o público para vender os recursos sociais e naturais da Galiza, somos as e os empregados públicos quen defendemos o interese común de todos os galegos e galegas. Con emprego digno e dereitos laborais garantimos uns servizos publicos de calidade. Para isto, loitamos cando é necesario, negociamos con lealdade e firmeza e avanzamos en dereitos.

É, polo tanto, un momento de balance, de debate e tamén de reforzo colectivo.

               

A nova Executiva Nacional, que recibiu 94 votos a favor e dous en branco, queda formada por:

  • Xosé Lois Díaz Fernández
  • Aser Lidia Tobío Martínez
  • Rebeca Quintillán Tilve
  • Manuela Rodríguez Gamallo
  • Olga Vilasánchez Seoane
  • Geovana Trelles Alonso
  • Marta Regueiro Abel

A Dirección Nacional —con 95 votos a favor— está composta polas seguintes persoas:

  • Zeltia Burgos Tortosa
  • Berta Castaño Torrado
  • Bernardina Porral Mosquera
  • Rosa María Fernández Muñoz
  • Alexandre Prieto Giráldez
  • Manuel Gallardo Canitrot
  • Mar Peteira Cabana
  • Irene Sánchez Riveira
  • Juan Carlos Fernández Rodríguez
  • Socorro González Otero
  • Marco Sotelo Acuña
  • Francisco Pérez Novo
  • Sandra Rebolo López
  • Azucena Gavín Reigada
  • Luzdivina Rebollal Juanes

Para representar o sector na Dirección Nacional da CIG-Administración Pública escolleuse, con 93 votos a favor e dous en branco, a:

  • Isolino Carrera Villar
  • Carmen Ramallo Pérez
  • Roberto Varela Gestal
  • Mar Peteira Cabana
  • Carlos Canal Rodríguez
  • Eduardo Freire Bargados
  • Nieves Somoza López

Após ser elixido novo secretario nacional, Xosé Lois Díaz instou a seguirmos coa práctica dun sindicalismo combativo fronte a unha Administración que o PP utiliza como instrumento para favorecer intereses privados e perpetuar redes clientelares; e a loitarmos pola defensa duns servizos públicos de calidade e contra as políticas de privatización do Goberno galego que ten unha das súas expresións máis crueis no ámbito dos coidados.

        

Así mesmo, incidiu en traballar pola reposición e a mellora dos dereitos laborais do persoal empregado público da Xunta, esixindo a recuperación do poder adquisitivo perdido, o avance decidido cara ás 35 horas semanais en toda a Administración e que se garantan unhas condicións laborais dignas e seguras para quen sostemos os servizos públicos.

Nesta liña instou á defensa da negociación colectiva e da autonomía sindical fronte ao pactismo e ao entreguismo, e defendeu o papel da CIG que, como sindicato maioritario no sector da Administración autonómica, foi é e será o garante dos dereitos das traballadoras e traballadores do País.

 

Durante o proceso tamén se aprobou o informe de xestión, no que se fai un repaso da acción sindical desenvolvida nos últimos catro anos, caracterizados pola continuidade das políticas de recorte, privatización e externalización impulsadas pola Xunta do PP, e a degradación do dereito de negociación colectiva, substituída progresivamente por pactos previos pechados con determinadas organizacións sindicais.

Este contexto derivou nunha intensa mobilización nos diversos ámbitos da Administración autonómica, fundamental para acadar melloras nas condicións de traballo, que se combinou coa atención individual nos centros e nos locais coas asembleas, coa negociación e coa defensa xurídica dos dereitos do persoal empregado público.

                                    

  

 

 

Outras novas recentes

Sábado, 16 Mai 2026

Educacion 0-3: Sr. Rueda, non bote balóns fóra. Esta guerra é contra vostedes!

As competencias en todas as etapas educativas, tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións hai que prestar este servizo público.  Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!! En declaracións recentes, o presidente da Xunta de...
Martes, 12 Mai 2026

Corpos xerais: información complementaria sobre actos de elección de destino e tomas de posesión

Achegamos máis información complementando a que difundimos o luns 11 de maio sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais. No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e máis ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en...
Mércores, 13 Mai 2026

Op. letrados/as. Concurso informática-turismo-inspec.urbanismo-estradas-dominio hidráulico. Acoso-violencias. RPT Atriga e MA-Litoral (me...

A directora xeral de Emprego Público convocounos para unha Mesa Xeral e Mesa Sectorial o venres 15 de maio, e unha Mesa Sectorial o martes 19. Estes son os puntos da orde do día: Convocatoria de proceso selectivo da escala de letrados-A1. Descargar Convocatoria concurso traslados A1-A2 inspección e subinspección urbanística. Descargar Convocatoria concurso...