Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público convocounos para unha Mesa Xeral e Mesa Sectorial o venres 15 de maio, e unha Mesa Sectorial o martes 19. Estes son os puntos da orde do día:

  • Convocatoria de proceso selectivo da escala de letrados-A1. Descargar

  • Convocatoria concurso traslados A1-A2 inspección e subinspección urbanística. Descargar

  • Convocatoria concurso traslados A2-inspeccion turistica-C1-vixilancia estradas-dominio publico hidraulico. Descargar

  • Convocatoria concurso traslados A1-A2-C1 informática. Descargar

  • Modificación RPT Atriga. Descargar

  • Modificación do protocolo de actuación fronte ao acoso e violencias sexuais e psicolóxicas no traballo. Descargar

  • RPT MA-Litoral. Descargar

Se é do teu interese, contacta coa CIG.

Nota: as mesas do vernes 15 foron movidas para o luns 18.

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...
Mércores, 30 Setembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de varias escalas do subgrupo C1, C2 e da agrupación profesional

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento...
Mércores, 30 Setembro 2026

Erros na elección de destino en C1-C2-AP de mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza

A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza). Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e...