Novas por contido

Dos tres novos concursos de traslados que estamos a negociar (Mesa Sectorial do martes 19), un deles, o das escalas de informática, servirá de “piloto” para un futuro concurso aberto permanente do que pouco concreta a Xunta. Os outros dous concursos son: a) Inspección e subinspección urbanística (A1 e A2); b) Turismo (A2); vixilancia de estradas, mobilidade, dominio público hidráulico (C1).

Unha semana antes, mércores 13, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) declarou no Parlamento de Galiza que estaban a traballar nun novo modelo de concurso de traslados aberto e permanente, e que nas vindeiras semanas negociarían coas organizacións sindicais o concurso de informática “que servirá como proxecto piloto” para estar a nova ferramenta informática (refírese ao Fides do Sergas con adaptacións).

A CIG manifestou na Mesa que este proceder é inadecuado, que o correcto sería sentarnos a falar polo miúdo dese novo modelo aberto e permanente que queremos, e non actuar sobre feitos consumados en medio da negociación ordinaria de tres concursos.

O que nos traen nestes tres concursos de traslados é similar a outros concursos anteriores, con estas características e postura da CIG (liñas moi básicas):

  • Prazas: rexeitamos que retiren prazas por proposta de amortización (tiveron anos para facelo). Teñen que compensar calquera praza retirada por demandas de destino definitivo (o persoal funcionario non ten porque sufrir as consecuencias da incapacidade da Administración e da súa dirección política). Que engadan calquera praza vacante que se produza dende a convocatoria ata o momento de elección de postos. Que as prazas de resultas que queden vacantes antes de finalizar o proceso, tamén sexan adxudicadas (cousa que si engaden no concurso de informática).

  • Consideramos un abuso que se conceda comisión de servizos inmediatamente despois de obter posto no concurso.

  • Antigüidade: chega ao máximo aos 31 anos de servizos. Deben valorar máis anos.

  • Grao persoal: queremos unha solución para que non estea contaminado polas comisións de servizos.

  • Formación: que entren as escolas de idiomas, e retiren o límite de valorar un máximo de 150 horas por curso.

  • Conciliación por agrupamento: concordamos en que repoñan o absurdo de aceptar o agrupamento coa persoa cónxuxe, e non cos fillos e fillas.

A maiores disto, en traballo desenvolvido volvemos atrás nas escalas de informática: neste concurso recuperan a teima de valorar o tempo en comisións de servizos. A CIG defende valorar este tempo como no posto de orixe, e rexeitamos a comisión de servizos porque non podemos aceptar como mérito algo que foi obtido a dedo.

Supoñemos que estes concursos estarán aprobados nunha futura Comisión de Persoal a semana seguinte.

Para rematar, na nova da intervención da directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal en Comisión do Parlamento, sacan peito con que dende 2023 realizaron 15 concursos de traslados. O que non din é que na inmensa maioría deles pasaron 10 ou máis anos dende o anterior concurso. E agora veñen as urxencias.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...