Novas por contido

Na Mesa Sectorial do xoves 16 de xullo, tratáronse as convocatorias de diversos procesos selectivos: enxeñaría agronómica e informática (A1), e enxeñaría técnica agrícola, obras públicas e arquivos (A2). Viña tamén o proceso selectivo de persoal veterinario, pero non enviaron a documentación polo que foi retirado da orde do día (probablemente quede para a semana que ven).

Os cinco procesos selectivos, que foron enviados ao sindicato con pouca antelación á Mesa, teñen en común que a súa forma de acceso é a oposición, teñen exames tipo test e tipo temas (cun peso deste exercicio igual á suma dos demais: 36-14-50 puntos), promoción interna do 25% conxunta con acceso libre, e a parte específica do programa entra en todos os exercicios.

A CIG defendeu que a forma de acceso sexa concurso-oposición, a supresión do exercicio de temas (ou alternativamente a súa conversión nun suposto práctico test, e de mantelo, que o seu peso fose a metade dos exercicios test por ser de corrección subxectiva), promoción interna separada e co 50% da oferta, que cada exercicio verse sobre partes diferentes do programa (para non ter que estudar o mesmo dúas veces).

En canto ás escalas que poden participar na promoción interna, en A1-informática só permiten participar a A1 e A2 de corpos xerais e á escala de A2-informática. Isto vai en contra do que fan para as outras catro convocatorias (as enxeñarías), ás que pode participar o persoal de calquera corpo ou escala tanto de administración especial como xeral, do mesmo e inferior subgrupo. A CIG defende que en todos os casos, e sempre con reciprocidade, se aplique a promoción interna vertical e horizontal como o que fan para as enxeñarías.

En canto ao programa, en todos eles a parte común son normas de dereito positivo. Pero na parte específica temos uns procesos nor que son normas de dereito positivo (enxeñaría agronómica e agrícola), outros nos que son unha mestura con temas (obras públicas), e outros nos que son todo ou maioritariamente temas (informática e arquivos). A CIG defende que sempre sexan normas de dereito positivo e cando non sexa posible (temas), que editen manuais ou polo menos referencias bibliográficas, ao que sempre se opón a Xunta.

Descargar borradores que foron á MSF do 16/07/26:

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...