Novas por contido

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional.

Se ben estamos conformes en que hai que acatar tales sentenzas, non estamos de acordo coa forma de proceder: amortizan dous postos para crear outros dous. Para a CIG, terían que ter prover o orzamento para crear dous novos postos, polo que o noso voto foi a abstención (CCOO, CSIF e UGT votaron a favor).

Na rolda de intervencións quixemos aclarar o seguinte:

É totalmente vergoñento que tras anos solicitando o traslado de centro a tres traballadoras que accederon como subalternas ás prazas de discapacidade intelectual (en destino provisional dende o 2018) do que ROGAN moverse por non adaptarse ás condicións que poden desenvolver, todo continúe igual. Dende a CIG levamos multitude de escritos, Valedora do pobo, e infinidade de mesas de negociación pedindo que teñan un destino definitivo no que exercer o seu traballo con dignidade. A Xunta de Galiza continúa co “estamos traballando” e o tempo corre en contra delas. Teremos que acudir a outro tipo de vías que resolvan esta situación!

En relación ás probas físicas que quedaron pendentes do proceso de SPIF di a directora que non poden realizalas ata rematar o período de alto risco de incendios.

Tal e como adiantamos na CIG o pasado 4 de setembro, confirma a DXEP que na última semana de setembro publicarase no DOG o acto de elección de destino de camareiras/os, limpadores/as, cociña, condución, mantemento e laboratorio, e que será de máis de 1000 persoas. A súa pretensión é que sexa todo nun acto único, aínda que deben comprobar se se darán moitas renuncias dos procesos dos anos 2023 e 2024.

Para os procesos de PSX, persoal xerocultor e persoal veterinario non dá datas pero si anuncia que serán os seguintes. E o proceso de C2, auxiliar de bibliotecas di que irían a continuación.

Para finalizar informan que os procesos de A1 e A2 de finanzas teñen pendentes de convocar o concurso de traslados e que retomarán a negociación da RPT das oficinas de emprego unha vez rematen os procesos pendentes.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...