Novas por contido

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite.

Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría. 

Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un menosprezo continuado no tempo a quen mantén en pé todos os servizos nos diferentes centros de traballo. 

No Consorcio, o traballo do seu persoal válelles moi pouco, pero a paciencia das súas empregadas e empregados públicos chegou ao límite, e xa levamos moitos anos soportando esta deixadez institucional.

A todo isto temos que sumarlle a actitude do xerente e das xerencias adxuntas (escolas infantís e benestar), que destacan, sobre todo, polo seu nefasto método da xestión deste ente; cuestións que xa son de hai moito tempo, pero que na actualidade se amplían co maltrato ás súas traballadoras cos cesamentos, a falla de certificados de empresa, a ausencia de coberturas nos centros, a falla de emisión doutras certificacións (servizos prestados, bases de cotización, etc.), as faltas de respecto telefónicas, a ausencia de resposta aos rexistros na sede da Xunta, a inexistencia de altas no portal do persoal empregado para poder solicitar os diferentes permisos... As traballadoras descobren nas súas vidas laborais que cotizan en grupos de cotización inferiores…

Pero hai algo que fagan ben? Tremendo abandono!

A día de hoxe teñen sen actualizar –é dicir, paralizada– a contabilidade dos días de vacacións e permisos vinculados á antigüidade do persoal. A pesar de ter recorrido vía interna a esta regularización, o CGSIB segue sen dar resposta nin actualizar dita aplicación, polo que o persoal non pode exercer o seu dereito aos días de desfrute que lle corresponden.

Ante o silencio por resposta e a falla de transparencia, que nin se ve nin se escoita, na CIG non nos queda máis remedio que pedir contas e poñer as realidades enriba da mesa. Por iso vimos de rexistrar un escrito solicitando a intervención inmediata da Dirección Xeral de Emprego Público no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

 

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...