Novas por contido

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data.

ASUNTO: O que se considere oportuno
CORPO:
Ola,
Precisamos avanzar cara a un sistema público galego de servizos de atención ás persoas, que garanta unha atención digna, universal, próxima e de calidade.
A atención ás persoas é un dereito, non un negocio. Por iso, é fundamental fortalecer os servizos públicos, garantir os recursos necesarios e mellorar as condicións laborais das profesionais.
Desde esta campaña queremos sumar voces, crear conciencia e reclamar un compromiso firme das administracións para construír un modelo de atención centrado nas persoas, que poña no centro a dignidade, a autonomía, a igualdade e o benestar colectivo.

Consellaria Educación:
conselleiro.educacion.ciencia@xunta.gal, sxt.educacion.ciencia@xunta.gal, gabinete.educacion.ciencia@xunta.gal, dxcrrhh@edu.xunta.gal, prensa.educacion.ciencia@xunta.gal,

Consellaria Política Social:
conselleria.politicasocial@xunta.gal, sxt.politicasocial@xunta.gal, gabinete.politicasocial@xunta.gal, dxfamilia.politicasocial@xunta.gal, dxinclusion.politicasocial@xunta.gal, dxdiscapacidade.politicasocial@xunta.gal, dxmas.politicasocial@xunta.gal, prensa.politicasocial@xunta.gal

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...