Novas por contido

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes.

Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte para validar o seu proceder de enviar convocatorias sen documentación previa, con documentación incompleta ou con menos de 24 horas de antelación, que non permiten nin o seu estudo nin partillalos co persoal e recoller o seu parecer.

Pero a verdade é que non deixa de sorprendernos... 

 

Comisión de Persoal Empregado Público

A directora xeral de Emprego Público volveu pasar o rolete coa proposta mal chamada Estudo do anteproxecto da Lei de Orzamentos para o ano 2027 en materia de persoal. Dicimos «mal chamada» porque as organizacións sindicais non tivemos tempo para o seu estudo.

O único que obtivemos desta xuntanza foron uns datos facilitados polo diretor xeral de Orzamentos:

1. O capítulo de gastos de persoal incrementarase nun 8 % para o ano 2027
2. Se o goberno do Estado español o habilita, abonarán o 4,5 % + 0,5 % adicional ao mes seguinte de que se produza esta habilitación.
3. Establecen medidas orzamentarias sectoriais específicas:

  • Educación: crean 1000 prazas de docentes por mor da reducción da ratio de alumnado en secundaria
  • Sanidade: non precisan cando se incrementa o gasto nin en que
  • Outra parte para facer fronte a unha nova convocatoria da carreira extraordinaria en 2026
  • Cumprimento dos acordos do persoal do SPIF
  • Acordo de carreira do persoal de Xustiza (dotación para 2026 e 2027 para completar o 100 % do tramo)

 

Rolda aberta de intervencións

  • O representante da Consellaría de Educación confirma que segue vixente a data do 21 de outubro para unha primeira xuntanza coas organizacións sindicais para tratar un acordo para o persoal non docente da Consellaría de Educación.
  • A DXEP comentou que publicarán na segunda quincena de outubro a resolución de elección de destino definitivo do persoal  inspector de turismo.

Para a CIG estas leis son outra oportunidade perdida para recuperar dereitos e avanzar na mellora das condicións do persoal da Xunta de Galiza e, ademais, estaremos vixilantes para que as cuestións recollidas nestas leis se desenvolvan e implanten de xeito efectivo, sen discriminacións e cumprindo as resolucións xudicais.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...