Novas por contido

No DOG do 12/02/2020 fan pública a data, hora e lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.

O exercicio vai ser o día 19 de febreiro, na EGAP.

Outras novas recentes

Venres, 05 Decembro 2025

Bloqueo da toma de posesión do concurso de traslados de axentes ambientais tras dous anos de atraso

A Administración deixa sen data a incorporación e supedita o concurso a unha oposición de acceso libre aínda sen rematar. A Xunta vén de publicar no DOG a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais. Este concurso que foi...
Venres, 05 Decembro 2025

Comité de Seguridade e Saúde da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático (26/11/25)

O pasado 26 de novembro reuniuse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático, no que se trataron diversos asuntos, entre os que destacamos: Previsións formativas para o ano 2026 (Descarga) Urxe realizar a formación das titulacións que habiliten para a navegación con embarcacións ao que se comprometeu a presidenta do comité fai...
Venres, 12 Decembro 2025

Proposta de modificación da RPT de Presidencia da Xunta de Galiza

O vindeiro martes, día 16 de decembro, fomos convocados para a negociación da proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia. Trátase dunha modificación de RPT que afecta unicamente a 4 postos. Propoñen a amortización dunha xefatura de sección de biblioteca, tres postos nos que propoñen modificacións e a...