Novas por contido

No DOG do martes 18/02/2020 publican varias resolucións nas que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas a diversos procesos selectivos para o ingreso en:

  • Ingreso no corpo superior de Administración xeral, subgrupo A1. Ir á Resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para ingreso na categoría I-004 (titulado/a superior do persoal laboral fixo). Ir á Resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría II-007 (titulado/a de grao medio do persoal laboral fixo). Ir á Resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2. Ir á Resolución.
  • Ingreso no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1. Ir á Resolución.
  • Ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2. Ir á Resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para ingreso na categoría III-002 e III-062 do persoal laboral fixo. Ir á Resolución.
  • Proceso selectivo extraordinario de consolidación para ingreso na categoría IV-001 de persoal laboral fixo. Ir á Resolución.

Outras novas recentes

Venres, 27 Febreiro 2026

Apertura de listas de substitucións para a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino

No DOG do 27/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a...
Xoves, 26 Febreiro 2026

Información listas de contratación: apertura, peche e novas (DOG)

Este venres publicarase no Diario Oficial de Galiza (DOG) a resolución para a apertura do prazo de novas inscricións para as listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. Segundo a información adiantada, prevese a apertura dun gran número de categorías. A actualización de datos do Consorcio presenta actualmente un atraso significativo. Para solventar esta situación,...
Martes, 24 Febreiro 2026

Criterios de reparto do FAS 2025 (borrador 24/02/2026)

Dende a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais remitíronnos hoxe 24 de febreiro o borrador dos criterios de reparto do fondo de acción social 2025, para que formulemos alegacións, con prazo até o 27 de febreiro ás 14 h. Posteriormente, seremos convocadas á correspondente xuntanza. Se queres facernos algunha achega sobre esta nova edición do mal chamado...