Novas por contido

No DOG do 12/03/2020 publican a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para o ano 2020.

A convocatoria está destinada a calquera persoa maior de dezaseis anos, non exclusivamente a persoas empregadas públicas.

As probas serían nos meses de maio e/ou xuño de 2020, en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Novembro 2026

RPT do Mar (centros de ensino) (26/11/26)

A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo. A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de...
Xoves, 19 Novembro 2026

Oposicións acceso libre: corpos superior, xestión, administrativo, auxiliar; escala FOL; enquisador, (para 24/11/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...
Mércores, 25 Novembro 2026

Proba piloto de Avaliación de Desempeño: repetimos a chapuza dos tempos de Fraga?

Recibimos unha chamada do Sr. Barreiro, actual director xeral de Simplificación Administrativa e anterior de Función Pública, para informarnos que van facer unha proba piloto para experimentar coa futura avaliación do desempeño das persoas traballadoras da Administración Autonómica. Resulta que en Simplificación Administrativa tiveron a xenial e marabillosa idea de “elixir”...