Novas por contido

No DOG do 13/10/2020 publican a baremación provisional da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración xeral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG do 11/03/2018).

As persoas interesadas poden presentar reclamación no prazo de dez días dende o seguinte á publicación no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 12 Setembro 2025

A CIG demanda o establecemento dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Desde o ano 2010 o persoal empregado público perdeu máis dun 20% de poder adquisitivoA CIG rexistrou esta mañá unha Proposición non de Lei para que o Parlamento de Galiza inste á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que presente de inmediato unha proposta lexislativa que estableza unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, de xeito que os...
Venres, 05 Setembro 2025

Asembleas polos concursos de traslados e as eleccións de destino (con cambios en Compostela e Ferrol)

Moitos dos concursos de traslados do persoal funcionario da Administración Autonómica actualmente convocados están parados ou gravemente afectados por medidas xudiciais. Dende a CIG convidámoste a asistir ás asembleas que convocamos para falarmos dos problemas e da situación de todos os concursos de traslados e das consecuencias das sentenzas e das medidas cautelares...
Venres, 12 Setembro 2025

A DXEP non se compromete a estender a solución mais aló das 8 prazas do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

Emprego Publico convocounos a unha reunión o venres 12/09/2025 para dar explicacións sobre a solución que lle quere dar ao bloqueo do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias:  • Das 292 persoas dos concursos de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, tomarán posesión todas menos as 8 persoas que teñen adxudicados postos afectadas por medidas cautelares, que o farán...