No DOG do 13/01/2021 publican a Resolución pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso do proceso selectivo por promoción interna á escala de xestión de sistemas de informática.
Hai días nos que un pensa que a capacidade de Emprego Público para sorprendernos chegou ao límite, pero despois supéranse. Vaia cristo formaron! Se o obxectivo era xerar o caos absoluto e cabrear a todo o persoal, temos que darlles un aplauso. Conseguírono. Non sabemos moi ben quen está aos mandos da cociña en San Caetano, pero decidiron que a mellor forma de xestionar os...
Dende a CIG solicitámoslle a Emprego Público que nos aclare posto a posto a tremenda desfeita que está a facer nos procesos de elección de destino dos corpos xerais. Temos moitísimas queixas de persoas traballadoras que están nestes procesos e que non saben o motivo de que se “comeran” tantos postos. Non sabemos se en Emprego Público pensan que só son “dúas ou tres persoas...
Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525. Resolucións pendentes da carreira profesional Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día...