Novas por contido

No DOG do 04/05/2021 proceden ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV da Xunta de Galiza, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017. Tamén adxudican os destinos provisionais.

O prazo de toma de posesión é dun mes a partir do 10 de maio de 2021.

Outras novas recentes

Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións. Dende a CIG Autonómica non...
Luns, 04 Mai 2026

Destinos corpos xerais e convocatoria oposicións mantemento+condución (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público (DXEP) informou na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) da data da xuntanza que os sindicatos solicitamos para falar dos problemas que hai coas eleccións de destino definitivo do persoal funcionario de corpos xerais. Finalmente a xuntanza vai ser o luns 11 de maio. No momento de escribir esta información non...
Xoves, 07 Mai 2026

A CIG denuncia ao Consorcio por prácticas irregulares na xestión de nóminas

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da...