Novas por contido

No DOG do 08/07/2021 publican:

-  en relación ao proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), fan pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19:  o día 14 de xullo de 2021, ás 16.00 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela

- en relación ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, fan pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para as persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19:  o día 14 de xullo de 2021, ás 16.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela

- en relación ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, fan pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para aquela persoa aspirante que tivo contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19: o 13 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, núm. 2-4, en Santiago de Compostela

Outras novas recentes

Martes, 24 Febreiro 2026

Criterios de reparto do FAS 2025 (borrador 24/02/2026)

Dende a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais remitíronnos hoxe 24 de febreiro o borrador dos criterios de reparto do fondo de acción social 2025, para que formulemos alegacións, con prazo até o 27 de febreiro ás 14 h. Posteriormente, seremos convocadas á correspondente xuntanza. Se queres facernos algunha achega sobre esta nova edición do mal chamado...
Mércores, 18 Febreiro 2026

Concursos de persoal educ. infantil-aux. coidador e PSX-xerocultores/as (MSF 18/02/26)

A Xunta teima en primar a adaptación ao Fides do Sergas para a tramitación dos concursos de traslados, aínda que para iso teña que sacrificar na nosa Administración o achegamento ao domicilio das fillas e fillos e persoas dependentes, así como a permanencia como mérito. Hoxe 18 de febreiro tratamos na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario o concurso de traslados de educ....
Venres, 27 Febreiro 2026

Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade. Este 8 de Marzo mobilízate coa CIG

A central convoca unha manifestación nacional en Compostela, con saída ás 11:30h da estación intermodal. Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, a CIG ten convocada unha manifestación nacional que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal de Compostela baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa igualdade!». Cento dezaseis anos...