Novas por contido

No DOG do 29/10/2021 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 13 de novembro de 2021, con horario de chamamento ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, situada na avenida Dr. Ángel Echeverri s/n, 15782 Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...