Novas por contido

No DOG do 20/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade á convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino de cinco postos reservados á escala de profesores/ as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, dependentes da Consellaría do Mar.

Anuncian a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino de cinco postos reservados á escala de profesores/as numerarios/ as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, con destino no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo (2 postos), na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (1 posto) e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (2 postos).

As bases e as condicións constan na páxina web da Consellaría do Mar http://mar.xunta.gal

Outras novas recentes

Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.