Novas por contido

No DOG do 26/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se modifican as puntuacións do primeiro exercicio.

Examinadas as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes contra as puntuacións obtidas no primeiro exercicio, publicadas pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 248, do 28 de decembro), realizouse unha nova corrección manual das persoas aspirantes que presentaron reclamacións contra a corrección, e modificouse a puntuación dunha aspirante da categoría de emisorista/vixilante, que a ve incrementada, e pasa a superar o exercicio. O resto das reclamacións presentadas desestímase na súa totalidade.

Publican a nova puntuación obtida pola persoa aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...