Novas por contido

No DOG do 03/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas mediante a Resolución do 10 de decembro de 2021 (DOG núm. 243, do 21 de decembro), e feita unha nova corrección respecto a nove aspirantes, dous deles ven incrementada a súa puntuación, o que afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio, ao acadaren a puntuación mínima de 15 puntos 220 aspirantes.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o buzón de postos e continuarán en breve, pero non da...