Novas por contido

No DOG do 02/02/2022 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (DOG número 148, do 24 de xullo).

Desestiman a única reclamación presentada contra a puntuación do segundo exercicio, declaran exentas de realizar o terceiro exercicio a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio e declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

Outras novas recentes

Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean...
Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...