Novas por contido

No DOG do 18/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

Publican as cualificacións do segundo exercicio.

Outras novas recentes

Mércores, 25 Novembro 2026

Abuso na esixencia de documentación a persoal de novo ingreso e concurso de traslados

Algúns departamentos de persoal están a esixir documentación innecesaria ás persoas que toman posesión de posto de concurso de traslados ou ás de novo ingreso. Documentación innecesaria porque ou xa foi presentada ante quen ten a competencia de verificar o cumprimento dos requisitos, ou por conter datos que non hai razón para entregalos. O primeiro, e máis grave, é a...
Martes, 24 Novembro 2026

A Administración actúa como polo sen cabeza coas tomas de posesión

Por fin rematou a toma de posesión convocada no DOG do 11 de novembro de 2026, a toma de posesión en escalas de persoal funcionario que ía ocupar maioritariamente postos en centros de destino das Consellerías de Educación, Política Social, Medio Rural e Medio Ambiente. Podíamos imaxinarnos que nada ía saír ben tendo como referencia a toma de posesión convocada en agosto,...
Martes, 24 Novembro 2026

MX e MSF 24/11/26: procesos selectivos de acceso libre de corpos xerais, enquisador e FOL (e outras informacións)

Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial (martes 24 de novembro) tratáronse as propostas de convocatoria de seis procesos selectivos de persoal laboral e funcionario, ademais de diversas cuestións sobre listas de contratación e procesos en marcha. Nos distintos procesos abordados nas mesas, a CIG mantivo unha liña reivindicativa común para garantir procesos xustos, obxectivos e...