Novas por contido

No DOG do 16/05/2022 publican o DECRETO 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galiza.

A Xunta de Galiza estará integrada polas vicepresidencias e consellarías que a seguir se relacionan:

– Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Economía, Industria e Innovación.

– Vicepresidencia Segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes.

– Consellaría de Facenda e Administración Pública.

– Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade.

– Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

– Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade.

– Consellaría de Sanidade.

– Consellaría de Política Social e Xuventude.

– Consellaría do Medio Rural.

– Consellaría do Mar.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...