Novas por contido

No DOG do 23/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Venres, 10 Xullo 2026

Actos de elección de destino (CP 10/07/26)

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas...
Sábado, 04 Xullo 2026

Oposicións de enxeñaría de camiños, canles e portos e análises de laboratorio (CP 03/07/2026)

Na Comisión de Persoal (CP) do 3 de xullo de 2026 tratamos a convocatoria de oposicións (acceso libre e promoción interna) de enxeñaría de camiños, canles e portos e de análises de laboratorio. A Administración non tivo en conta ningunha das nosas alegacións, polo que votamos en contra das propostas de ambos os dous procesos. A Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP)...
Xoves, 09 Xullo 2026

Eleccións de destino das escalas sociosanitarias

Despois do desastre de convocatoria de elección de destino destas escalas onde se duplicaron prazas, se ocultaron prazas sobrantes do concurso, meteron prazas que non pasaron polo concurso, meteron en varias escalas prazas con requisitos non esixidos na convocatoria sen aumentar en igual número ás sen requisitos, sacaron listados con xubilados e falecidos, etc, etc, etc......